Crónica dunha ilusionante tempada (2)
O Equipo Absoluto Masculino C do Club USC, campión galego en cuarta división

Con estes resultados pasou a xogar a cuarta categoría autonómica. Na primeira rolnda o USC C tivo un Bye, xa nos cuartos de final derrotaron exercendo de visitantes ao Club Tenis Porriño B por 2-5. Na semifinal xogando como locais derrotouse a A.D. Tenis e Padel Soutomaior por 6-1.
A final foi unha demostración de superioridade do USC C impoñéndose a Club Tenis As Pontes por 7-0.
Os xogadores gañadores do título galego foron Anxo Aldrey, José González, Alberto Lado, Víctor Veiga. Adrián Vázquez, Sergio Folgueira, Bruno Martínez, Cristian Abelairas e Miguel López.